A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Fantásticas actuacións dos nosos atletas nos Campionatos Galegos!

Foron varios os campionatos autonómicos celebrados o pasado fin de semana, que ademais contaron coa presenza dalgúns dos nosos atletas que realizaron moi boas actuacións. Comezamos repasando o Campionato Galego Cadete en Pista Cuberta, evento que tivo lugar o sábado 28 no Pazo dos Deportes de Riazor e que se aproveitou ademais para celebra-lo Campionato Galego Xuvenil de 1500 e 3000 metros en Pista Cuberta e un Control de Marcas. A actuación das nosas cadetes foi a seguinte:

  • Lucía Permuy, 5ª na Final de triplo salto cun mellor intento de 9'60m, a 28cm da medalla de bronce.
  • Carmen Jiménez, 8ª na Final dos 1000ml cun tempo de 3'30"96.
  • Xela González, 3ª na semifinal 3 dos 50ml con 7"45 (19ª empatada no global) e 4ª na semifinal 1 dos 300ml con 50"72 (12ª no global).
  • Sofía Crego, 3ª na semifinal 2 dos 50ml con 7"55 (23ª empatada no global).

Tomando parte nos 1500 metros de categoría xuvenil, estivo Christian Duarte, que rematou nunha boa 7ª posición con 4'52"28. Mentres que no Control de Marcas, Roberto Tuimil realizou 8"22 nos 50mv [1'067m] e Paula López 7"31 nos 50ml. [Resultados Cd - Xv] [Resultados Control]

 

-Club Atletismo Narón

O Módulo e a Pista Gregorio Pérez Rivera de Lugo foi o sede unha vez máis para facerse cos títulos de atletas máis completos dos atletismo autonómico. O Campionato Galego Absoluto de Probas Combinadas decidíuse en categoría masculina entre o sábado e o domingo coa disputa do Heptathlon (60ml, lonxitude, peso [7'260kg], altura, 60mv [1'067m], pértega e 1000ml), no que Alex Romero rematou en 4ª posición cunha puntuación final de 3388 puntos e uns parciais de 8"13, 5'39m, 9'79m, 1'72m, 10"11, 3'03m e 3'19"10, conseguindo remata-la combinada a pesar dunha lesión durante a proba de salto de altura. Pasando ás categorías menores, no Pentathlon xuvenil (60mv [0'762m], altura, peso [3kg], lonxitude e 800ml) do sábado Andrea Lago debutaba de forma exemplar nas combinadas conseguindo proclamarse Subcampiona Galega da categoría, cunha puntuación final de 2250 puntos (MMP) e uns parciais de 10"32 (MMP), 1'36m (MMP), 7'79m (MMP), 4'41m e 3'03"27 (MMP). Para rematar, o domingo chegaba o turno de Roberto Tuimil, que se proclamaba Campión Galego no Pentathlon Veterano M-40 (60mv [0'991m], lonxitude, peso [7'260kg], altura e 1000ml) cuns parciais de 9"49, 5'24m, 7'20m (MMP), 1'46m e 3'41"17, sumando un total de 2444 puntos. [CGa Abs-Pr-Jr-Xv] [CGa Veteranos]


O mesmo domingo celebrábase no Pazo dos Deportes de Riazor a Final da V Liga Escolar Federada para as categorías Benxamín, Alevín e Infantil por Equipos, onde as nosas benxamíns continuaron coa súa impresionante tempada conseguindo a victoria ao final da xornada. As actuacións das nosas rapazas foron as seguintes:

  • 50ml: Noa Souto, 1ª con 8"84 (MMP) e Antía Arnoso, 4ª con 9"04 (MMP).
  • 500ml: Antía Arnoso, 4ª con 1'53"85 e Noa Ardao, 8ª con 2'02"89 (MMP).
  • 1000ml: Alba Pena, 2ª con 4'00"96 e Nadia Brañas, 4ª con 4'04"59.
  • Altura: Nadia Brañas, 5ª empatada con 0'92m (MMP) e Alba Pena, 13ª empatada con 0'75m (MMP).
  • Lonxitude: Noa Souto, 1ª con 3'33m (MMP) e Noa Díaz, 7ª con 2'58m (MMP).
  • Peso (1kg): Noa Romero, 5ª con 4'95m (MMP) e Marta Lamas, 6ª con 4'75m (MMP).
  • Relevo 4x1vuelta: equipo feminino (Marta Lamas, María Mera, Paula Mouzo e Alicia Pena), 4º con 1'08"67.

O noso equipo benxamín feminino está a realizar unha tempada brillante. No podio, por diante do Ourense e do Sada.

As compoñentes do noso equipo impuxéronse cunha puntuación final de 147'5 puntos, tras unha apaixonante disputa polo primeiro posto do podio coas nenas do Ourense Atletismo, que remataron tan só dous puntos por detrás das nosas (145,5p). Parabéns, rapazas. A seguir con ese ánimo! [Resultados Benxamíns]

Para rematar, deixamos de lado o tartán e pasamos ao lodo coa disputa na mañá do domingo en Ribadavia do Campionato Galego Absoluto de Campo a Través, onde Santiago García entrou 51º tras empregar un tempo de 32'32" en percorre-los 9km do circuíto absoluto. [Resultados Cross]