A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Últimos Resultados: Gijón e Elgoibar

As probas celebradas na nosa comunidade non foron as únicas con presenza dos nosos atletas o pasado fin de semana. O sábado, dous dos nosos atletas estiveron presentes nun Control de Marcas celebrado na Pista Cuberta de Gijón: o velocista Ricardo Suárez conseguía unha boa marca de 7"20 (MMP) nos 60ml, tempo co que mellora en dúas centésimas a marca da semana pasada e polo tanto supón unha nova marca persoal. Xunto a él estivo o capitán do club, Roberto Tuimil, que na proba de 60ml entrou en 8"43 mentres que nos 60 metros valos [0'991m] acreditou a súa mellor marca da tempada con 9"75. [Resultados Gijón]

O domingo tiña lugar unha das probas máis emblemáticas do atletismo nacional, como é o LXXIV Juan Muguerza Nazioarteko Krosa de Elgoibar, que como cada ano contou coa participación de Santiago García, que nesta ocasión rematou 65º tras empregar un tempo de 39'20" en completa lo percorrido de 10.796 metros. [Resultados Elgoibar]