A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Resultados Fin de Semana: Lugo, Ribeira e Vigo

A celebración do Campionato Galego Absoluto de 60ml e 60mv en Lugo aproveitouse para organizar na capital lucense varias probas englobadas en dous Controis de Marcas (un indoor e o outro no anel exterior), participando no primeiro deles Alex Romero, que na proba de salto con pértega sobrepasaba os 3'20m, fallando as tres tentativas sobre 3'35m, que suporían unha nova marca persoal para o atleta. [Resultados Lugo]

Xa o domingo, varios dos nosos atletas achegábanse até outro Control de Marcas en Ribeira, conseguindo os seguintes resultados:

  • 60ml: Xoán Díaz, 7"3 M (+1'1m/s) na semifinal e 7"4 M (-1'3m/s) na final; Sergio Vilariño, 7"5 M (+1'3m/s); e Andrea Lago, 8"8 M (-0'9m/s).
  • 400ml: Demba Sanyang, 54"8 M.
  • 60mv (0'762m): Andrea Lago, 10"5 M (+0'3m/s) en semifinais e 10"5 M (+0'4m/s) na final.
  • Lonxitude: Andrea Lago, 4'20m (+0'0m/s).


Para rematar, o mesmo domingo as Pistas Municipais de Atletismo de Balaídos acollían a 2ª Xornada do II Circuíto Concello de Vigo - Serie Municipal, onde o noso xuvenil Esteban Martínez realizaba un tempo de 57"22 (MMP) nos 400 metros lisos. [Resultados Vigo]