A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Campionato Galego Absoluto de 60ml e 60mv

A gran cita deste pasado fin de semana a nivel autonómico foi o Campionato Galego Absoluto de 60ml e 60mv celebrado a tarde do sábado no Módulo Gregorio Pérez Rivera de Lugo. No evento participaron dous dos nosos atletas: Alex Romero, que finalizou 6º nos 60mv tras realizar uns tempos de 10"03 en semifinais e 9"88 na final, todavía a máis de medio segundo do seu mellor rexistro; e Javier García, que reapareceu tra-la súa lesión de poplíteo coa 2ª posición na Final B dos 60ml (8º na clasificación xeral) cuns interesantes tempos de 7"21 (MMP) en semifinais e 7"26 na final. Parabéns, rapaces! [Resultados Cto. Galego]