A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Últimos Resultados: Bastiagueiro, Ferrol, Oviedo, Lugo, Vigo e Matogrande

Este fin de semana estivo repleto de competicións atléticas ao longo da nosa comunidade, ás que asistiron varios dos nosos atletas. Comezamos repasando os resultados da II Xornada Coruña Corre en Pista, celebrada o vernes 13 nas Pistas do INEF en Bastiagueiro, onde a actuación dos nosos foi a seguinte:

  • 200ml: Xoán Díaz, 23"41 (+0'3m/s); Míriam Otero, 26"21 (+0'7m/s), marca coa que consegue a Marca Mínima esixida para participar no Campionato de España Júnior en Pista Cuberta, a celebrar en Valencia o 4 e 5 de marzo, corroborando ademais a mínima que xa posuía para o mesmo campionato ao Aire Libre; e Sergio Vilariño, descalificado.
  • 300ml: Xela González, 46"44.
  • 400ml: Demba Sanyang, 53"36 (MMP); Manuela Castro, 1'01"42 (MMP), xa a menos de medio segundo das mínimas nacionais xuvenís de PC e AL (1'01"00); e Inés Doce, 1'05"59.

 

O sábado, en xornada de mañá, os máis pequenos do club tomaban parte no Pinar de As Cabazas na IV Xornada Circuíto Ferrolán de Campo a Través - Fase Intercomarcal XOGADE, acadando os seguintes postos:

  • Absolutos: Eva Castro, 1ª con 20'20"; e Eva Teijeiro, 2ª con 23'29".
  • Infantís: No apartado masculino Sergio Soto foi 6º con 9'05"; Roi Díaz, 11º con 10'15"; e Adrián López, 13º con 10'47". entre as mulleres, Nerea Freire 3ª con 6'00"; Laura Rodríguez, 6ª con 6'05"; María Heras, 7ª con 6'06"; Nuria Blanco, 20ª con 7'18"; e Sabela López, 21ª con 7'26", conseguindo o equipo a 3ª praza cun total de 36 puntos.
  • Alevíns: Juan Daniel Grandal, 23º con 7'19". En categoría feminina, Marta Ventura entrou 7ª con 10'59"; Gisela Navarro, 22ª con 13'46"; e Silvia López, 23ª con 13'54".
  • Benxamíns: Entre os homes, André Ordiales foi 3º con 7'01"; Rubén López, 6º con 7'24"; e Iago Álvarez, 16º con 8'30". Unha vez máis, as rapazas desmostraron o gran equipo que son finalizando primeiras na clasificación final cun total de 14 puntos. As integrantes do equipo foron Nadia Brañas, 1ª con 7'04"; Alba Pena, 2ª con 7'05"; Noa Souto, 5ª con 7'23"; Antía Arnoso, 6ª con 7'49"; Noa Ardao, 7ª con 7'59"; María Mera, 10ª con 8'23"; e Paula Mouzo, 15ª con 8'57".

Tendo en conta, polo tanto, os criterios de clasificación para o Campionato Provincial (8 primeiros atletas individuais e 2 primeiros equipos de cada categoría), os atletas clasificados do noso club son os seguintes: Sergio, Nerea, Laura e María entre os infantís; Marta entre os alevíns; e André, Rubén e o equipo feminino ao completo (Nadia, Alba, Noa, Antía, Noa, María e Paula) entre os benxamíns. Parabéns a todos! [Resultados Ferrol]


O mesmo sábado chegaba o debut de Ricardo Suárez coa camiseta do Narón, nun Control de Marcas celebrado conxuntamente co "Campeonato de Asturias Absoluto de Clubes" en Oviedo. O velocista promesa corría os 60 metros lisos nun tempo de 7"22, igualando a súa mellor marca persoal conseguida a pasada tempada. Excelente forma de debutar! [Resultados Oviedo]


Dende o sábado á tarde até o domingo a mediodía, celebrábase no Módulo Gregorio Pérez Rivera de Lugo o Campionato Galego de Clubs de Probas Combinadas (para categorías entre cadete e absoluto), que acollía ademais os Campionatos Galegos de Probas Combinadas Cadete e Veterano. A pesar de non formar equipo, o Club Atletismo Narón sí tivo representación no campionato de clubs coa participación de Alex Romero, que rematou en 3º lugar do Heptathlon Absoluto (60ml, salto de lonxitude, lanzamento de peso [7'260kg], salto de altura, 60mv [1'067m], salto con pértega e 1000ml). Os seus parciais foron de 8"04, 5'59m, 9'86m, 1'73m, 10"03, 3'13m e 3'31"02 para un total de 3411 puntos, completando o seu mellor heptathlon dos últimos dous anos, pero todavía lonxe do seu mellor rexistro (3939 puntos). [Resultados Combinadas]

Conxuntamente coas probas combinadas, o sábado no módulo organizábase un Control de Marcas, no que participaron Lucía Heras, 10"99 nos 60mv [0'762m, MMP] e 8"86 nos 60ml; Andrea Lago, 10"83 em 60mv [0'762m]; e Roberto Tuimil, 9"96 en 60mv [0'991m]. [Resultados Módulo Lugo]

Tamén o domingo aproveitouse a celebración das probas combinadas para facer un Control de Marcas de Lanzamentos na Pista Exterior do mesmo Estadio Gregorio Pérez Rivera, no que Iago Pazos enviou a xavelina de 800g a 50'47m, comezando o ano xa moi preto dos 50'81m que acadou a pasada tempada. [Resultados Pista Lugo]

Xa o domingo, tiña lugar no Estadio Municipal de Atletismo de Balaídos a I Xornada do II Circuíto Concello de Vigo en Pista - Series Municipais, onde Esteban Martínez participou nos 800 metros lisos, finalizando en 2ª posición da serie B cun tempo de 2'15"47. [Resultados Vigo]

Para rematar, A Coruña acollía a II Carreira Popular Matogrande, onde estiveron presentes varios dos nosos atletas. Na carreira absoluta, sobre un percorrido de 6650 metros, Rebeca Soto rematou 189ª (6ª feminina) con 29'34" e Cosme Souto 219º con 30'14", mentres que na carreira benxamín (730 metros) as súas respectivas fillas Alba Pena e Noa Souto foron 2ª (2'54") e 3ª (2'59"). [Resultados A Coruña]