A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Resultados Fin de Semana: XXXIV Carreira Popular de San Xiao

O pasado domingo, Ferrol acollía un ano máis a XXXIV Carreira Popular de San Xiao, na que tomaron parte varios dos nosos atletas. Na proba absoluta, que contaba cun percorrido de 10km, o noso único representante foi Cosme Souto, que rematou 354º cun tempo de 47'22". [Resultados Abs]

En canto ás categorías menores, entre os infantís Sergio Soto entrou 6º (6'20"), Laura Rodríguez 9ª (6'59"), Nerea Freire 11ª (7'02"), María Heras 12ª (7'03"), Adrián López 13º (7'13") e Roi Díaz 16º (7'30"); En categoría alevín Rebeca Teijeiro foi 6ª (3'40"), Marta Ventura 7ª (3'46"), Irene Vázquez 14ª (3'59") e Juan Daniel Grandal 30º (4'19"); por último, entre os benxamíns Alba Pena fíxose coa victoria con 3'00", Nadia Brañas rematou 2ª (3'06"), Noa Souto 3ª (3'12"), Antía Arnoso 4ª (3'12"), André Ordiales 5º (3'14") e Paula Mouzo 9ª (3'46"). [Resultados Menores]