A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

10 medallas para os nosos veteranos en Riazor!

Ademais da Copa Galega de Clubs en Pista Cuberta celebrada o pasado sábado en Riazor, o Pazo dos Deportes acolleu o domingo o Campionato Galego de Veteranos en Pista Cuberta, onde os nosos representantes realizaron un excelente labor. Non en van, os atletas do club regresaron á casa con cinco títulos autonómicos, un total de dez medallas, oito novas marcas persoais e incluso un récord galego no peto. [Resultados A Coruña]

Eulogio (esquerda) e Jesús (dereita) na cerimonia de entrega de medallas dos 200ml M40.| Foto cortesía de Juan Heras

A súa actuación completa foi a seguinte:

  • Carlos Ferrer (M55): Campión Galego en salto de altura con 1'33m e Campión Galego en lanzamento de peso (6kg) con 10'84m, que ademais supón un Novo Récord Galego da disciplina na súa categoría.
  • Jesús Ardao (M40): Campión Galego en 50mv (0'991m) cun tempo de 9"52 (MMP), Subcampión Galego en 50ml con 6"81 (MMP), Medalla de Bronce nos 200ml con 26"30.
  • Eulogio Cao (M40): Campión Galego de 200ml con 25"65.
  • Rebeca Soto (W40): Campiona Galega de 3000 metros lisos con 12'51"96 (MMP).
  • Enrique Ventura (M35): Subcampión Galego en lanzamento de peso (7'260kg) con 9'57m (MMP).
  • Irene Fernández (W40): Subcampiona Galega en lanzamento de peso (4kg) con 5'32m (MMP).
  • José Manuel Painceiras (M35): Medalla de Bronce nos 200ml con 27"61 (MMP) e 5º clasificado nos 50ml con 7"24 (MMP).
  • Andrés García (M40): 4º clasificado nos 200ml con 26"77 (MMP) e 5º nos 800ml con 2'28"44.
  • Eva Teijeiro (W35): 4ª clasificada nos 3000ml con 14'37"51.

Parabéns a todos e a todas polos postos e marcas acadados. A seguir así!