A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Os homes repiten podio na Copa Galega de Clubs!

Un ano despois, o equipo masculino do Club Atletismo Narón acadou de novo unha praza no podio da Copa Galega de Clubs en Pista Cuberta, repetindo os bronces logrados nos anos 2016 e 2014 e conseguindo, polo tanto, o seu terceiro podio nas cinco edicións celebradas desta competición dende a súa reposición no calendario atlético autonómico no ano 2013. Tras finaliza-la pasada tempada coa marcha dun gran número de atletas do equipo, tiivemos que afrontar ademais a Copa con algunha baixa por motivos laborais (como as de Aarón e Samu), ás que sumamos un par de baixas de última hora por lesión e enfermidade (Javi e Santi). Pese a todo iso, os atletas presentes souberon sobreporse á situación e consegui-la terceira posición do podio tras SGPO e Celta, cunha mínima marxe sobre Santiago, Lucus e Riazor.

Respecto ao equipo feminino, tras non poder acceder á competición a pasada tempada por falta de puntos no estadillo, as nosas atletas conseguiron este ano a súa clasificación e realizaron unha digna actuación finalizando na 8ª posición cun equipo cunha media de idade moi nova. [Resultados A Coruña]

Os resultados completos dos nosos atletas foron os seguintes:

  • 50ml: Aquilino Lousa (COCO), 4º con 6"23 (MMP); Manuela Castro, 6ª con 7"15 (MMP).
  • 200ml: Xoán Díaz, 5º con 24"32; Míriam Otero, 1ª empatada con 26"75.
  • 400ml: Elvis Rondón, 8º con 56"54; Paula López, 7ª con 1'05"68 (MMP).
  • 800ml: Elian López (COCO), 7º con 2'10"20; Eva Castro, 8ª con 2'44"72.
  • 1500ml: Martín Regueira, 2º con 4'07"81; Irene Mera, 8ª con 5'40"44.
  • 3000ml: Esteban Martínez, 8º con 10'53"85; Sara Santiago, 8ª con 13'41"97.
  • 50mv: Alex Romero, 5º con 8"29; Lucía Heras, 8ª con 9"44 (MMP).
  • Altura: Agostiño Reigosa, 1º con 1'78m; Carmen Ruvira, 4ª con 1'45m.
  • Pértega: Carlos Montero, 3º con 3'80m; Andrea Lago, 4ª con 2'40m.
  • Lonxitude: Rubén Martínez, 3º con 6'40m; Irene López, 7ª con 4'58m.
  • Triplo: Anxo Blanco (COCO), 1º con 14'09m (Mellor Marca do Club indoor, anterior José Ángel Cendán con 14'06m en 1996); Lucía Permuy, 8ª con 9'32m.
  • Peso: Faisal Dauda, 3º con 10'87m; María Rodríguez, 5ª con 8'82m.
  • Relevo Mixto: equipo masculino (Sergio, Demba, Pablo e José), 7º con 4'00"60; equipo feminino (Irene L., Inés, Míriam e Manu), 8º con 4'48"94.

Ademais dos atletas anteriores, participaron fóra de concurso nos 50 metros lisos José Pena (6"42), Xela González (7"37, MMP) e Sofía Crego (7"46). Dende aquí só nos queda agradecer aos atletas a súa implicación co club neste campionato así como ao Coruña Comarca pola súa aportación a este gran resultado no apartado masculino. Parabéns a todos e todas!