A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Unha despedida de ano coas zapatillas postas

Cada tempada, chega o día de Fin de Ano e numerosas localidades celebran as súas particulares San Silvestres, acollendo a miles de atletas que queren despedi-lo ano da mellor forma posíbel: facendo deporte e pasando un bo rato cos seus amigos e familiares. Os nosos atletas continuaron coa tradición e estiveron presentes en varias competicións ao longo do panorama autonómico.

A primeira delas tivo lugar o venres 30 en Fene coa celebración da IV San Silvestre Fene 2016, onde os nosos realizaron a seguinte actuación: Na carreira absoluta, de 3'8km de distancia, o mellor foi Santiago García, 2º con 11'54"; o seguiron Irene Mera 60ª (5ª no apartado feminino), 15'57"; Rebeca Soto 68ª, 16'16"; Manuela Castro 70ª, 16'22"; Álvaro Ordiales 71º, 16'26"; e Irene Fernández 173ª, 19'17". Na carreira de categorías menores, sobre un percorrido de 1'2km, remataron Marta Ventura 2ª, 3'43"; María Heras 3ª, 3'46"; Alba Pena 4ª, 3'49"; Roi Díaz 7º, 3'57"; Antía Arnoso 6ª, 4'05"; André Ordiales 16º, 4'21"; Noa Ardao, 11ª, 4'22"; e Juan Daniel Grandal 18º, 4'54". [Resultados Fene]

Na mañá do sábado 31 tiña lugar a XII Carreira de Fin de ano 2016 Ares-Mugardos, carreira de 10'7km que nesta edición comezaba o seu percorrido en Ares. Participaron tres dos nosos atletas: Irene Mera, 183ª con 49'45"; Pedro Abeledo, 330º con 56'31"; e Eva Teijeiro, 331ª con 56'31". [Resultados Ares]

Xa pola tarde, As Pontes acollía a VI San Silvestre Pontesa 2016, cuxa clasificación tan só recolle aos tres primeiros clasificados en cada categoría. Entre eles atópase Noa Souto, que acadou a victoria entre as benxamíns. [Resultados As Pontes]

A mesma tarde do sábado celebrábase a VII San Silvestre Coruña 2016 onde nunha distancia de 6040 metros e entre máis de 3000 participantes, Rebeca Soto rematou na 406ª posición cun tempo de 27'39", sendo 26ª no apartado feminino e 11ª da súa categoría. [Resultados A Coruña]

Xa para rematar, aínda que non temos todavía resultados oficiais, podemos confirma-la victoria un ano máis de Martín Regueira na Milla San Silvestre de Baio, conseguindo ademais de paso mellora-lo seu propio récord da proba cun tempo de 4'47". Parabéns!