A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Últimas Novas: Falece O Apalpador

Hoxe é un día triste para Galiza, e máis concretamente para Narón, xa que vivimos o episodio de primeira man: O Apalpador non o conseguíu e pereceu finalmente a pasada noite tras pasar 3 días no Área de Anestesioloxía e Reanimación - UCI do Arquitecto Marcide.

Foto tomada pola Policía Local momentos antes de subir á ambulancia

Todo comezou a noite do sábado 24 ao domingo 25, cando O Apalpador, máis coñecido na zona como Pelizorza, levaba a cabo a súa anual visita aos nenos da bisbarra para tocarlles o ventre e comprobar que comeron ben durante todo o ano. Como sabedes, aos nenos que considera mal alimentados déixalles unhas castañas para que teñan algo que levarse á boca. O caso é que, nun despiste, debido probabelmente á súa estatura, o noso Presidente Álvaro foi tomado por un neno e Pelizorza tocoulle o bandullo. Crasa ignorancia pola súa parte e fatal erro: a castaña levouna él, unha moufada propia do mismísimo Bud Spencer, que o espetou contra a mesiña de noite e o deixou boneco. O noso presidente non quixo saber máis do asunto e moveu o corpo até os xardíns situados baixo a Autopista en Freixeiro, onde horas máis tarde o atopou un veciño, que alertou ás autoridades.

Antes de entrar definitivamente en coma o pasado luns a media tarde, Pelizorza espertou o tempo suficiente para declarar ante a Policía e comenta-lo sucedido. Por fortuna, a fiscalía entendeu que o feroz ataque de Álvaro non foi máis que un golpe fortuíto provocado por un despertar alterado pola presenza dun extraño na súa casa, e foi posto en liberdade. O que sí condenaron foi a súa decisión de non alertar no momento do accidente e move-lo corpo para despreocuparse, polo que o vindeiro día 31, Álvaro deberá realiza-lo labor do Apalpador ata que atopen un sustituto axeitado. [Acta Xudicial]