A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Resultados: I Xornada Coruña Corre, Bastiagueiro

Nestas datas do Nadal, a coincidencia dos días 24 e 25 en sábado e domingo deixounos un fin de semana sen case competicións atléticas, tendo como única proba a I Xornada da V Edición Coruña Corre en Pista, celebrada o venres 23 nas pistas do INEF en Bastiagueiro. Até alí se achegaron algúns dos nosos atletas, que volveron para a casa coas seguintes marcas:

  • 60ml: Paula López, 8"28 (+1'4m/s, MMP); Manuela Castro, 8"36 (+1'4m/s); Xela González, 8"70 (+0'5m/s); e Lucía Heras, 8"78 (+0'5m/s, MMP).
  • 200ml: Paula López, 27"73 (-1'1m/s); Inés Doce, 29"63 (-0'4m/s); Evelyn Fernández, 31"53 (-0'7m/s); e Demba Sanyang, que correu na Final B, serie na que houbo un erro na videofinish.
  • 500ml: María Heras, 1'31"95.