A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Os máis pequenos regresan ao Campo a Través

Aínda que o tempo e as inclemencias meteorolóxicas parecen non percatarse, estamos en plena tempada invernal e polo tanto as probas de pista cuberta e de campo a través están á orde do día. E foi precisamente campo a través o que tiveron que afrontar por segunda vez nesta tempada os máis pequenos do club, coa celebración da Fase Intercomarcal do Cross Circuíto Ferrolán - Programa XOGADE no pinar de As Cabazas.

Saída da carreira alevín feminina coas nosas atletas. De esquerda a dereita: Lucía, Gisela, Irene, Marta e Silvia.

Os nosos atletas acadaron os seguintes resultados:

      • Cadete: Pablo Freire, 4º con 13'24"; e Sara Santiago, 10ª con 6'43".
      • Infantil: Sergio Soto, 6º con 5'56"; Roi Díaz, 9º con 6'08"; e Adrián López, 12º con 7'01". Entre as mulleres, Nerea Freire, 4ª con 6'59"; Laura Rodríguez, 5ª con 7'08"; María Heras, 6ª con 7'09"; e Valeria Filgueira, 13ª con 7'32".
      • Alevín: Juan Daniel Grandal, 17º con 9'09". No apartado feminino, Marta Ventura, 4ª con 4'54"; Irene Vázquez, 7ª con 5'13"; Lucía Pena, 8ª con 5'17"; Gisela Navarro, 18ª con 5'49"; e Silvia López, 23ª con 6'33".
      • Benxamín: André Ordiales, 3º con 3'29"; e Rubén López, 4º con 3'34". Coma sempre, este ano as rapazas benxamíns ofreceron un gran espectáculo con Nadia Brañas, 1ª con 3'26"; Alba Pena, 2ª con 3'27"; Antía Arnoso, 3ª con 3'30"; Noa Souto, 5ª con 3'43"; Noa Ardao, 7ª con 3'46"; María Mera, 10ª con 4'00"; Paula Mouzo, 12ª con 4'05"; Alicia Pena, 13ª con 4'082; e Noa Romero, 15ª con 4'14".

Parabéns a todos e todas polos postos acadados! [Resultados As Cabazas]