A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Resultados: V Carreira Popular Os Rosales e XXXI Memorial Adolfo Ros

Foto cortesía de Juan Manuel García

O pasado domingo foron varias as carreiras en ruta celebradas na nosa comunidade, tendo representacion o Club Atletismo Narón nas dúas competicións máis achegadas á casa: a primeira foi a V Carreira Popular Os Rosales, en A Coruña, onde tomaron parte na proba absoluta de 6465 metros Cosme Souto (195º, 29'34") e Rebeca Soto (236ª, 11ª feminina e 4ª no seu rango de idade veterana con 30'19").

Ademais, nas categorías menores estiveron presentes Sergio Soto, 5º cun tempo de 4'39" nos 1245m do percorrido infantil, e as benxamíns Alba Pena e Noa Souto (na foto, cortesía de Juan Manuel García), que coma sempre realizaron unha fantástica carreira e remataron 2ª (2'17") e 3ª (2'24") respectivamente sobre os 620 metros da proba. [Resultados A Coruña]

 

A segunda das carreiras con presencia naronesa foi, cómo non, o XXXI Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría, a coñecida media maratón que cada ano vai rotando o seu organizador entre Narón, Ferrol, Fene e Neda. Foi este último concello o encargado de leva-las rendas nesta edición, que na súa carreira absoluta contou coa presenza de José Luís Bouza (35º, 2º na súa categoría, 1h21'38") e Andrés García (259º, 1h36'40").

Pasando xa ás categorías menores, nos 2km infantís Roi Díaz foi 1º (10'06") e Carlota Teijeiro, 2ª (10'35"); nos 2km alevíns Rebeca Teijeiro entrou 2ª (11'10"), Marta Ventura, 4ª (11'37") e Juan Daniel Grandal, 11º (13'42"); no 1km benxamín Antía Arnoso foi 1ª, Rubén López 2º e Yago Álvarez 6º. [Resultados Neda]