A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Dúas medallas autonómicas para os nosos marchadores!

Chegan as primeiras medallas a nivel autonómico para os nosos atletas nesta tempada, concretamente para os especialistas en marcha atlética: durante o XV Campionato Galego de Inverno de Marcha en Pista, celebrado o sábado en A Pobra do Caramiñal, o benxamín Rubén López (na fotografía, cortesía de Carlos Morales) e o xuvenil Álex Novás fixéronse con sendas medallas de prata nas súas categorías. Os nosos atletas presentes conseguiron os seguintes resultados:

  • Álex Novás, cun magnífico 5º posto na carreira absoluta de 5km marcha, proclamouse Subcampión Galego Xuvenil tras realizar un tempo de 24'33"43.
  • Rubén López, 2º no 1km marcha cun tempo de 5'50"24 (MMP), Subcampión Galego Benxamín.
  • Diego López, 5º nos 3km marcha infantís con 21'38"0 (MMP).
  • Sara Santiago, 12ª nos 3km marcha cadete cun crono de 18'59"56.

Destacar ademais que o Club Atletismo Narón levou un trofeo por ser o terceiro mellor club en categoría masculina na disciplina de marcha atlética durante a pasada tempada. Noraboa aos catro atletas e aos seus adestradores por eses postos e marcas! [Resultados A Pobra]