A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

XV Trofeo de Atletismo Cidade de Narón

O vindeiro sábado 26 o Estadio Municipal de Río Seco acollerá o XV Trofeo de Atletismo Cidade de Narón, unha das primeiras probas atléticas en pista desta nova tempada e que acollerá a atletas de moitas partes da nosa comunidade.

A xornada comezará as 10:00h e ao longo da mañá albergará tanto probas de velocidade e medio fondo (50, 60, 200, 300, 500, 600, 800 e 1000m) coma lanzamento de peso, salto de lonxitude e relevos de 4x100 metros, ademais das distintas cerimonias de entrega de medallas.

Á vista da gran afluencia de atletas á competición, moi superior á estimada inicialmente, o horario inicial sufríu unha modificación e probablemente aínda así surxa algún retraso (non en van, hai máis de 900 inscricións; calculamos que pode haber até 39 series de 60 metros lisos e unhas 10 series de 1000 metros). [Inscritos] [Novo Horario]

É por iso que dende aquí poñemos en sobre aviso que a xornada pode irse da hora acordada e rogamos teñades paciencia coa organización e o comité de xuíces en caso de producirse retrasos. Tanto a organización coma os xuíces intentaremos minimiza-los retrasos ao máximo, polo que vos pedimos aos atletas que fagades tamén un esforzo e intentemos entre todos saca-la xornada adiante.

Tan só nos queda deserxarvos a todos unha boa viaxe até aquí e moita sorte na competición. Vémonos o sábado!